O Centro Cultural Lustres Rivas serviu de escenario na tarde de onte para distinguir aos gañadores do concurso de disfraces posto en marcha o pasado Entroido a iniciativa da Asociación de Empresarios de Riveira e Concello. O acto contou coa participación dos concelleiros de Cultura e Turismo, Herminia Puso e Antonio Freire; con Antonio Álvarez no nome da Asociación de Empresarios e con Tucho Lijó en representación da hostalería local. Tanto a edil de cultura como o representante do sector hostaleiro destacaron a importancia deste concurso no que se implicou a hostalería, o concello e sobre todo a cidadanía, para que o entroido de Ribeira siga sendo un ano mais o mais destacado da Provincia.
Entrega de premios do concurso de entroido organizado por concello e asociación de empresarios de RIVEIRA
Please login to join discussion