Alfonso Rueda participou hoxe nun acto coa Federación Galega da Construción, no que solicitou o apoio das empresas do sector para lograr a ambiciosa meta de 10.000 vivendas públicas para 2030. O presidente destacou que, ademáis do obxectivo inicial de duplicar o parque de vivenda pública en Galicia ata chegar a 8.000 vivendas en 2028, o Goberno galego agora engade un novo proxecto para a construción de 2.000 vivendas máis nos próximos anos.
Rueda pide axuda á construción para acadar as 10.000 vivendas públicas en 2030


