Icono del sitio CanalBarbanza.com

O Barbanza, Muros e Noia, en alerta por unha vaga de roubos nocturnos

A comarca do Barbanza e a contorna de Muros e Noia viven nas últimas semanas unha oleada de roubos que está a xerar preocupación entre a veciñanza. Aínda que as autoridades insisten en que os índices de delincuencia seguen sendo baixos, os últimos asaltos e furtos, especialmente nocturnos, están a romper coa sensación habitual de tranquilidade.
O último episodio tivo lugar en Muros, onde tres individuos asaltaron unha gasolineira a primeira hora da mañá. Un suceso que, se suma a outros roubos rexistrados en Noia, Ribeira e noutros puntos do Barbanza.
A pesar disto, en Noia, por exemplo, hai moita xente que ten a sorte de poder sentirse segura na localidade.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil