Icono del sitio CanalBarbanza.com

A oposición presiona a Rueda no Parlamento polo colapso sanitario

O Pazo do Hórreo volveu a acoller unha nova sesión do pleno do Parlamento de Galicia, momento que os partidos da oposición puideron aproveitar para lanzar preguntas ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, afondando así en temáticas que, actualmente, preocupan na sociedade.
A sanidade pública foi a protagonista nesta sesión plenaria. O portavoz do PSdeG, José Ramón Besteiro, foi o encargado de iniciar este pleno reprochando ao presidente, Alfonso Rueda, o colapso sanitario que, lexos de disminuir, segue en aumento na comunidade galega. Índose pola liña do financiamento, deixou claro que son necesarias as inversións nos servizos públicos.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil