Icono del sitio CanalBarbanza.com

CHEGA AO SUPREMO UN RECURSO DE CASACIÓN INTERPOSTO CONTRA OS SANTUARIOS DE PERCEBE

A Organización de Produtores de Mexillón de Galicia, Opmega, conseguiu que a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo admita a trámite o recurso de casación presentado pola entidade contra a sentenza do TSXG. Nela avalaba os santuarios de percebe creados pola Consellería do Mar dentro dos plans de xestión de recursos específicos para o período 2022-2024. O TSXG respaldou en varias ocasións estas zonas de protección creadas pola Xunta, pero Opmega recorreu a ditada en xullo. A casación da organización de mexilloeiros baséase na omisión da consulta previa ao sector antes de aprobar os plans. A titular do departamento de Mar, Marta Villaverde, sinalou que a consellería aceptará o que o Tribunal Supremo decida.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil