Icono del sitio CanalBarbanza.com

A BORRASCA INGRID DEIXA NUMEROSAS INCIDENCIAS NA COMARCA

O tren de borrascas non dá tregua e España está a vivir o segundo gran temporal da semana. Primeiro foi Harry o que deixou chuvias, ondas e refachos de vento e esta madrugada entrou en escena Ingrid. A meirande parte da Península Ibérica está en alerta por ventos, nevadas e fenómenos costeiros. A Costa da Morte e a meirande parte da franxa cantábrica galega está en alerta vermella por mar combinado, ondas de ata 9 metros e ventos que poden acadar os 100 km/h. Alarma que se reduce ao laranxa na costa do Barbanza por ondas de ata 8 metros e refachos de vento do oeste de ata 61 km/h. A súa acción está a deixar a súa pegada con numerosas incidencias na comarca, como unha árbore caída nas inmediacións do CEIP O Grupo de Ribeira.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil