San Bieito estrea campá

Hoxe celébrase a festividade de San Bieito do inverno en toda Galicia, mais en Seráns, na parroquia sonense de San Pedro de Muro, a celebración é dobre, hoxe estrean campá. Esta capela foi vítima dos ladróns no mes de novembro, cando quedaba sen campás levadas polos amigos do alleo. Este feito causou unha gran consternación entre a veciñanza, que sente un gran cariño por este templo. Agora grazas á xenerosidade dun veciño de Alacante, Miguel Hurtado, San Bieito volve dispor da campá para chamar ós seus fieis. Miguel Hurtado é un hostaleiro alicantino, que tiña unha campá no seu restaurante de Torrevieja, coñecedor desta zona onde conserva grandes amigos, e devoto de San Bieito, ó que lle pediu un favor que lle foi concedido, non dubidou en facerlle tan xeneroso agasallo, en canto soubo do roubo.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.