ROSA QUINTANA apela ao traballo conxunto cos profesionais do mar a través da cogobernanza para axilizar a relación sector-administración

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu esta mañá no Pleno do Parlamento, para informar das liñas xerais de actuación do seu departamento ata 2020. Alí apelou ao traballo conxunto cos profesionais do mar a través da cogobernanza para axilizar a relación sector-administración e por seguir unha liña de traballo baseada na competitividade, na sustentabilidade e na produtividade.
Sobre esta materia, “continuaremos facendo do Consello Galego de Pesca unha ferramenta que sirva para fincar os piares de cada decisión do sector marítimo-pesqueiro”, dixo a conselleira. A relación entre a administración e o sector tamén vai ser moi importante de cara a retos futuros como é a negociación do Brexit. Sobre este proceso, a conselleira lembrou a constitución do grupo de traballo conformado a pasada semana no seo do Consello Galego de Pesca, coa finalidade de avaliar cada paso que se vaia dando no proceso de saída do Reino Unido da Unión Europea.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.