Sin categoría

A Directora Xeral De Comercio Fixo Entrega Dun Diploma Á Dona Da Zapatería Cempés De Ribeira Aos Ser Escollida Como Favorita Polos Clientes Do Cca

Os participantes na iniciativa da Consellería de Economía e Industria Centros Comerciais Abertos. Máis que comercio!, que se desenvolveu durante todo o mes de setembro nos negocios asociados ao CCA de Ribeira, elixiron como o seu establecemento favorito a zapatería Cempés.

Este negocio especializado en calzado infantil e xuvenil foi o que máis clicks recibiu en www.maisquecomercio.com, web na que os clientes podían participar nun xogo en liña por cada 5€ de compra e optar a diferentes premios ao tempo que elixían o seu comercio preferido.

A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez Abeal, que foi xunto coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, a encargada de entregar o diploma ao establecemento máis votado nun acto no que tamén se entregaron os agasallos aos clientes gañadores, salientou que Máis que Comercio! se centra en destacar o traballo dos centros comerciais abertos, o desenvolvemento de estratexias para a posta en valor da ampla oferta comercial coa que contan as vilas e cidades galegas.

Salir de la versión móvil