O Goberno galego anunciou que a partir do 22 de xaneiro poderase solicitar á Xunta as axudas para a compra de vehículos eléctricos ou de baixas emisións. O novo plan “Renova o teu Vehículo” incrementará o seu orzamento que ascenderá aos 3,5 millóns de euros para incentivar a adquisición deste tipo de coches ou furgonetas.
A XUNTA LANZA MAÑÁ NOVAS AXUDAS PARA MERCAR COCHES ELÉCTRICOS


