As traballadores do servizo de limpeza do Hospital da Barbanza inician mañá, 21 de xaneiro, a folga indefinida para reclamar a equiparación das súas condicións laborais coas do persoal doutros centros que forman parte do Servizo Galego de Saúde. As profesionais chegaron a este punto logo de que a Consellería de Sanidade non atendera á solicitude enviada en maior para avanzar nesta comparación salarial e social que xa ten recoñecido o persoal de limpeza doutros hospitais.
MAÑÁ COMEZA A FOLGA DO SERVIZO DE LIMPEZA NO HOSPITAL DA BARBANZA POLA FALTA DE RESPOSTA DA CONSELLERÍA ÁS SÚAS PETICIÓNS


