O Auditorio de Ribeira acolleu esta mañá unha xornada diferente xa que foi o lugar escollido pola Asociación Amicos para clausurar a primeira edición dos proxectos medioambientais LAB-MAR e CABALGA. Neste acto participaron diferentes representantes de empresas, institucións e entidades científicas vencellados a ambos. O director xeral de Amicos, Xoán España, agradeceu a colaboración de todos os implicados e destacou a importancia de impulsar este tipo de iniciativas.
AMICOS PECHOU EN RIBEIRA A PRIMEIRA EDICIÓN DOS PROXECTOS MEDIOAMBIENTAIS LABMAR E CABALGA


