Luís Oujo foi elixido presidente da xunta local do PP co 100% dos votos

Luís Oujo foi elixido presidente do Partido Popular de Porto do Son co 100% dos votos emitidos no congreso local que os populares celebraron na Casa da Cultura deste municipio.
No seu discurso, xa como máximo responsable da agrupación local, e acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo, polo secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e polo vicesecretario xeral de Organización e Territorial, Evaristo Ben, Oujo asegurou que desta cita os populares salguen “máis unidos, con máis ganas de traballar e con maior ilusión” para afrontar con garantías os retos do futuro de Porto do Son. Oujo aproveitou a súa intervención para dar as grazas aos militantes, simpatizantes e veciños do municipio, que son “a principal razón e o único motivo” polo que decidiu dar este paso.

https://www.youtube.com/watch?v=NEA0nSqcp24

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.