A Xunta reafirma o seu compromiso coas persoas con discapacidade intelectual e as súas familias

O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, visitou hoxe as instalacións da Asociación de Familias de Persoas con Discapacidade Intelectual (Amicos), en Ribeira. O conselleiro, que destacou o traballo que esta a facer esta entidade a prol da mellora da calidade de vida deste colectivo, estivo acompañado da directora xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fabiola García Martínez, do alcalde de Ribeira Manuel Ruiz, da concelleira de servizos sociais Esther Patiño e da presidenta de Amicos, Esther Vidal, ademais de familiares dos usuarios deste centro. A presidenta de Amicos agradceu o apoio da xunta con esta asociación, aproveitando a visita do conselleiro para presentarlle novas necesidades, ó tempo que daba conta do incremento de usuarios en atención temperá.

https://www.youtube.com/watch?v=5hoDptnmZhI

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.