A XUNTA inviste máis de 670.000 euros en reforzos do firme, construcción de beirarrúas e sendas peonís no BARBANZA

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou as obras que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda executou en diversos puntos da comarca do Barbanza. En concreto, o delegado comprobou o resultado da intervención na AC-305, onde se están a levar a cabo traballos de reforzo de firme en varios tramos ao seu paso polos municipios de Dodro, Rianxo, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira.

Entre as actuacións máis destacadas figuran catro tramos nos que se repuxo a totalidade do firme, ao longo da calzada. En concreto son os treitos entre Ponte Beluso e Cespón, en Boiro, ao longo dun quilómetro; na chamada travesía de Boiro, en algo máis dun quilómetro; na travesía de Escarabote ata a entrada na de A Pobra, uns catro quilómetros, e na travesía de Ribeira, ao longo duns 500 metros lineais.

Tamén no concello de Ribeira, a Consellería de Infraestruturas e Vivenda construíu 155 metros de beirarrúa no límite con Porto do Son, e no 101,940, punto no que conecta coa xa existente no núcleo. A obra completouse neste tramo coa instalación dunha rede de saneamento e a pavimentación da beiravía resultante tras a execución da beirarrúa Ademais, renováronse 222 metros da beirarrúa existente no entorno da ponte sobre o rego Sanchanás, que se atopaba moi deteriorada. Entre as dúas actuacións suman un investimento total superior aos 670.000 euros

Estas actuacións están enmarcadas no Plan de Sendas de Galicia, do que se está a executar a primeira fase xa en sete comarcas. Este plan ten como obxectivo incrementar a seguridade para as persoas, ao velar pola súa protección e fomentar hábitos máis saudables; para as vilas, diminuíndo conxestión de vehículos; e para o medio, reducindo a contaminación. Desde a Xunta estase a impulsar a construción de 95 novas sendas, máis de 120 novos quilómetros de itinerarios peonís e ciclistas en once comarcas galegas, que suporán un investimento global de preto de 37 millóns de euros.

https://www.youtube.com/watch?v=fahbdvWP3gk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.