A decisión adoptouse tras estudar os recursos presentados polas defensas dos investigados, que solicitaban a súa posta en liberdade mentres continúa a investigación xudicial. Os feitos están relacionados coa incautación de 3.650 quilos de cocaína.
Os once detidos ingresaran no centro penitenciario de Teixeiro por orde do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Muros. Tras a resolución da Audiencia, seis persoas continúan en prisión preventiva.
Entre os que permanecen entre reixas, tres deles terían viaxado desde Sudamérica no narcosubmarino que transportaba a droga a través do Atlántico.
Outro dos investigados continúa en prisión por, presuntamente, organizar a saída das planeadoras encargadas de recoller a mercadoría en alta mar e achegala á costa de A Pobra. Ademais, seguen detidos dous veciños da comarca, un da Pobra e outro de Ribeira, relacionados coa loxística terrestre tras a descarga.
A investigación permanece baixo segredo de sumario desde o ingreso dos detidos en prisión. As defensas alegaron indefensión ao asegurar que descoñecen os cargos concretos que se lles imputan e tamén denunciaron a falta de resposta xudicial a peticións relacionadas coa devolución de efectos requisados.
Liberados cinco dos once detidos polo alixo de cocaína na Pobra


