Icono del sitio CanalBarbanza.com

A Xunta destina 2 millóns de euros para previr e compensar os danos do lobo

Durante a súa visita a unha explotación de cría equina no monte Coirego, lembrou que segue aberto o prazo para solicitar axudas destinadas á instalación de valados fixos, pastores eléctricos e cercas móbiles electrificadas, así como para a adquisición e mantemento de cans protectores do gando ou a contratación de persoas coidadoras. Estas medidas contan cun orzamento próximo aos 1,3 millóns de euros.
Ademais, a Xunta mantén aberta a convocatoria de axudas para compensar os danos causados polo lobo entre outubro de 2025 e setembro de 2026, cun orzamento duns 600.000 euros.
Segundo os datos da Consellería, os ataques do lobo incrementáronse de maneira notable nos últimos anos. En 2024 e 2025 rexistrouse unha media de máis de dous mil avisos anuais, un 72% máis que en 2021. Tamén aumentou o número de reses afectadas, cunha media de máis de tres mil ao ano, o que supón que cada día son atacados arredor de nove animais.
A conselleira criticou a falta de apoio do Goberno central e denunciou que o Estado debe a Galicia doce millóns de euros para compensar os danos do lobo correspondentes a varios exercicios. Tamén mostrou a súa preocupación pola falta de información sobre o informe sexenal da especie, que debería terse remitido a Bruxelas antes do pasado 31 de decembro.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil