O PSOE da Pobra ven de denunciar unha mala actuación por parte do Concello que cedeu os terreos a Consellería de Sanidade para a construción dun centro de saúde, que por certo vai para lonxe pois nos orzamentos da Xunta para o 2015 non existe ningunha partida específica pero si existe para centros de saúde de Malpica, Cambre e Arteixo.
E aproveitaron para lembrar que os continuos recortes no gasto sanitario para o vindeiro ano será de 4 millóns de euros.
Ademais disto, dende o partido socialista queren denunciar a mala situación na que se encontra o muro perimetral do cemiterio que afirman está a punto de derrumbarse e as raíces das árbores que están a carón do muro puideron prexudicar aínda máis o muro antigo de barro e pedra.
Defenden que con esta denuncia tratan de que a futura construción cumpra os criterios legais pertinentes e incluso os mínimos preceptos de saúde pública e de seguridade e hixiene e que ofreza garantías de salubridade.
O Psoe Do Caramiñal Denuncia A Mala Xestión Do Goberno Local Ao Descuidar Os Muros Do Cemiterio
Please login to join discussion