O Consello de Ministros celebrado o pasado 23 de decembro do 2025 aprobáronse diferentes medidas sociais que entraron en vigor o 24 de decembro tras a súa publicación no Boletín Oficial do Estado. O Goberno, a través dun real decreto, prorrogou, entre outras, medidas para fogares vulnerables que xa estaban en vigor e que foron aprobadas no 2020. Agora amplíanse ata o 31 de decembro do 2026 e entre as normas están suspender o desafuizamento nos fogares vulnerables sen unha alternativa para vivir ou a prohibición de cortar subministros básicos como a luz ou a auga. Decisión ben recibida pola plataforma Stop Desafuizamentos do Barbanza.
O GOBERNO CENTRAL PRORROGOU AS MEDIDAS EN VIGOR PARA FOGARES VULNERABLES


