Icono del sitio CanalBarbanza.com

OS REIS MAGOS PERCORRERON O BARBANZA ENCHENDO DE MAXIA E ILUSIÓN A TODA A COMARCA

A visita dos Reis Magos iluminou a todas as parroquias da comarca do Barbanza, onde a maxia e a ilusión foron as grandes protagonistas.
Comezando con Lousame, os Reis Magos recibiron con agarimo a cada pequeño nunha especial recepción celebrada esta mañá na Casa da Cultura do municipio. Conversaron cos máis pequenos e repartiron larpeiradas como agasallo, creando un ambiente cheo de maxia e entusiasmo. As peticións foron moi variadas, dende xoguetes como os coñecidos xogos de construción ata desexos máis especiais, como saúde e benestar para as súas familias.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil