O Colexio de Arquitectos de Galicia celebrará mañá venres, día 17, a entrega de galardóns da XVII edición dos Premios COAG de Arquitectura no Teatro Principal de Ourense. Son un recoñecemento ás mellores obras da arquitectura galega, visadas e executadas no ámbito territorial do Colexio de Arquitectos no último bienio (obras acabadas entre o 31 de xullo de 2014 e o 31 de xullo de 2016).
https://www.youtube.com/watch?v=ums7zj_GvN8