A poucas horas das ceas de Noiteboa e Nadal, as prazas de abastos viven unha das xornadas máis intensas do ano. O marisco e o peixe, protagonistas destas datas, chegan cunha forte subida de prezos, algo que os vendedores aseguran que se repite cada ano por estas datas.
Produtos como a ameixa rubia pasaron dos 28 ou 30 euros o quilo aos 40. A babosa sitúase xa nos 65 euros, e na lonxa de Ribeira rexistráronse prezos moi elevados. Tamén subiron o rodaballo, o lagostino e a centola.
As prazas de abastos énchense para as ceas de Noiteboa e Nadal


