Lousame da un paso importante no seu compromiso coa cultura. O alcalde, Esteban Ares, anunciou que o Concello está traballando na creación dun museo que acolla as obras dos seus dous fillos adoptivos: José Luís Veiras Manteiga e Alfonso Costa. A nova foi comunicada durante a inauguración da exposición Obra recente: Contrastes + vieiros, de Veiras Manteiga, que se poderá visitar na Casa da Cultura de Lousame ata o 28 de febreiro.

