Un dos acordos máis salientables é a inversión de 2 millóns de euros para adquirir locais comerciais sen uso na cidade de Ourense, que serán transformados en vivendas de promoción pública con carácter permanente. A Xunta busca así ampliar o parque público residencial ata acadar as 8.000 vivendas protexidas. Os propietarios interesados poderán presentar as súas ofertas desde a publicación da iniciativa no Diario Oficial de Galicia, a comezos de xaneiro, e ata o 1 de maio de 2026.
O Consello da Xunta aproba novas medidas en vivenda, cultura e sanidade


