Icono del sitio CanalBarbanza.com

HOXE CELEBROUSE O SORTEO DA LOTERÍA DE NADAL, UN DOS MOMENTOS MÁIS AGARDADOS DO ANO EN ESPAÑA

Hoxe, 22 de decembro, celebrouse o sorteo máis esperado do ano: a lotería de nadal. O gordo, que este ano recaeu no número 79432, esquivou galicia, pero a sorte non deu a espalda a moitos galegos.
O segundo premio, o 70048, levou unha verdadeira choiva de millóns a Vigo. Este número foi adquirido pola firma textil Bimba e Lola, con sede na cidade olívica, para repartir entre os seus traballadores. Algúns estiman que cerca de 95 millóns de euros deste premio quedarán en Galicia.
O terceiro premio, o 90693, deixou máis de 10 millóns de euros na Coruña, repartidos en varias administracións da cidade. Tamén na Chantada e Ribadeo caeu parte deste premio, cun total de máis de 1,1 millóns de euros distribuídos pola provincia de Lugo.
Outros premios tamén alegraron localidades de Galicia: A Illa, Ourense, Pontevedra e Sanxenxo recibiron varios quintos premios, con cantidades de ata 60.000 euros por serie.
Pero no que ven sendo a comarca do Barbanza, a sorte, desta vez, non foi a protagonista. Así o aseguran nunha administración do municipio ribeirense, onde, a pesar de todo, están satisfeitos noutros aspectos.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil