O 31 de decembro, a Pobra do Caramiñal despedirá o 2025 e dará a benvida ao 2026 cunha gran festa de aninovo que incluirá música, badaladas, animación, discoteca móbil e cotillón. As Concellerías de Cultura e Mocidade colaboran, un ano máis, para ofrecer á veciñanza unha alternativa de lecer para celebrar sen ter que desprazarse fóra do municipio.

