A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera Álvarez, visitou hoxe o Hospital da Barbanza despois de asinar xunto co alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, un protocolo de colaboración para a ampliación da área de Urxencias do centro. Neste documento establécense as bases para a cesión de espazos de titularidade municipal.
A área que actualmente se destina ás Urxencias, duns 650m2, estenderase á zona da explanada de acceso. Deste xeito, redúcese o impacto no servizo e mantense o seu uso durante as obras.
A superficie total da reforma é duns 1.000 m2, e pasa pola ocupación dunha parte do espazo exterior de acceso –parte cuberta- para as zonas de nivel 1, e unha zona exterior –sen cubrir- destinada a acceso de ambulancias. Ademais, para facilitar o acceso do transporte sanitario, cómpre modificar lixeiramente o trazado do vial exterior, rectificando a pendente excesiva.
http://youtu.be/vuZNhH6InuA