A Jalerna surcará novamente a Ría de Arousa logo de ser restaurada por parte dos usuarios da unidade de día do Servizo de Drogodependencias de Ribeira

Cinco usuarios da UAD colaboraron durante dous meses na restauración da dorna Jalerna, unha embarcación de 20 anos de antigüidade, propiedade da Real e Ilustre Cofradía da Dorna. Tratase dunha acción colaborativa entre o concello e a Cofradía da Dorna coa implicación da Unidade de atención a drogodependencias. O monitor do módulo de carpintería da UAD, Manuel Casais manifestou que os traballos realizados constaron dunha restauración integral incluíndo entre outros o pintado da dorna, o arranxo da cuberta ou a obra morta.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.