O SERGAS asume os gastos de mantemento dos CENTROS DE SAÚDE DE BOIRO, BRIÓN, SILLEDA E TOURO

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, asinou hoxe os convenios para a asunción dos custos de mantemento dos centros de saúde de Boiro, Brión, Silleda e Touro. Así quedou ratificado no documento que tamén asinaron os alcaldes dos respectivos concellos.

Segundo os acordos, os concellos comprométense a realizar todos os trámites patrimoniais e urbanísticos que sexan necesarios para a cesión patrimonial, libre de cargas e gravames, das instalacións.

A documentación que os concellos deberán remitir ao Sergas inclúe a certificación do acordo do Pleno da corporación municipal cedendo á Administración sanitaria o centro; a certificación de titularidade do Rexistro da Propiedade, así como a situación de cargas e gravames; a referencia catastral; e a certificación de cumprimento do establecido nos artigos 109 e 110 do regulamento de bens das entidades locais (referidos á súa cesión).

https://www.youtube.com/watch?v=B7_Pdq0zlgw

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.