En Noia xa está todo listo para a campaña de Nadal, organizada pola asociación Noia Histórica en colaboración co Concello. Unha programación pensada para dinamizar o comercio local e ofrecer diversión para toda a familia.
Desde Noia Histórica destacan que todas as actividades buscan reforzar o comercio local e acompañar as propostas do Concello.
Noia: A campaña de Noia Histórica fomenta o comercio local con sorteos, tren infantil e vales de compra para encher a vila de actividades de Nadal


