O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe na necesidade de que o financiamento do sistema de benestar recolla o custo real dos servizos públicos, para que todas as persoas poidan acceder a eles en condicións de igualdade, independentemente da súa idade e do lugar no que residan.
Deste xeito, e durante o acto de adhesión de Cantabria á Macrorrexión de Rexións do Suroeste de Europa, Feijóo referiuse ao envellecemento da poboación como a maior ameaza á que deben facer fronte os territorios para manter o seu modelo de benestar. Un problema cuxa solución, aseverou, nin é inmediata nin será total, “xa que o envellecemento da poboación veu para quedarse e debe ser tido en conta como un trazo singular das sociedades que, como as nosas, o padecen”.
Feijóo incide en que o financiamento do sistema de benestar recolla o custo real dos servizos para que todas as persoas poidan acceder a eles en igualdade
Please login to join discussion