En primeiro lugar, presentaranse alegacións á nova planificación da rede eléctrica do Goberno central para o período 2025-2030, que apenas asigna un 2,8% da inversión total á comunidade. Rueda destacou que a falta de infraestruturas eléctricas modernas pon en risco máis dunha ducia de proxectos industriais clave, como a planta de metanol verde en Mugardos. O Goberno galego reclamará un aumento da inversión ata o 6,7%, en liña coa aportación galega ao mix eléctrico.
A XUNTA APROBOU HOXE NO CONSELLO VARIAS INICIATIVAS CLAVE


