A Casa da Cultura acolleu a conmemoración do Día da Muller cun acto multidisciplinar no que se mesturou teatro, música, poesía e divulgación coa muller como eixo central.
O Concello de Lousame homenaxea a unha ducia de veciñas que traballan ou traballaron no sector hostaleiro.
A concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo, foi a encargada de dar a benvida ás preto dun centenar de veciños e veciñas que se reuniron no auditorio da Casa da Cultura de Lousame para “homenaxear a unha mulleres que traballan ou traballaron nun mundo como o da hostalería, onde os números din que o 52% son mulleres pero a fama e as estrelas Michelín as levan os homes”.
https://www.youtube.com/watch?v=pVc7p1ukn7o