O Cince Teatro Elma acolleu esta mañá unha xornada moi especial para a Asociación Ambar. A entidade presentou o seu novo Calendario Solidario 2026, unha edición que este ano rende homenaxe ao mundo das series de ficción. As persoas usuarias da entidade convertéronse en auténticos protagonistas, recreando as cartelas de producións como Asalto al Banco Central, El Jardinero, Respira ou Allí Abajo.
A Pobra do Caramiñal: Ambar celebra a presentación oficial do seu Calendario Solidario 2026 cunha gran acollida


