O pazo do Hórreo acolleu hoxe unha nova sesión de control na que os grupos parlamentarios afondaron en diferentes cuestións. Foi un pleno máis tenso e bronco do habitual onde arrancou o portavoz socialista, José Ramón Gómez Besteiro. Afirmou que Altri é o proxecto persoal do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a súa pregunta foi para coñecer o plan de Altri para Palas de Rei.

