Icono del sitio CanalBarbanza.com

COMEZAN AS OBRAS DE CONSERVACIÓN DO CASTRO DA CROA, NA POBRA DO CARAMIÑAL

A delegada da Xunta de Galicia, Belén do Campo, visitou hoxe o Castro da Croa, no municipio da Pobra do Caramiñal. O obxectivo da súa visita foi supervisar o inicio das obras de conservación neste importante xacemento arqueolóxico, co apoio de 18.000 euros do Goberno galego.
O Castro da Croa é un dos xacementos máis importantes da comarca do Barbanza e destaca polo seu bo estado de conservación. Está declarado Ben de Interese Cultural, e a súa adquisición polo Concello en 2024 permitiu garantir a súa preservación.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil