18 noviembre, 2026
Image default

Congalsa celebra 10 anos de alianza coa Sustainable Fisheries Partnership pola pesca sustentable

Congalsa, a empresa galega líder na transformación de productos do mar, celebrou o décimo aniversario da súa colaboración coa organización internacional Sustainable Fisheries Partnership. A alianza, que comezou en 2015, marcou unha década de traballo conxunto para mellorar a trazabilidade das cadeas de subministración pesqueira e promover a xestión responsable dos recursos mariños a nivel global.
Durante estes 10 anos, Congalsa e a SFP traballaron en proxectos clave como os Proxectos de Mellora de Pesquerías, incluíndo especies tan relevantes como o potón de Perú e a tintoreira. A compañía tamén forma parte activa da Squid Roundtable, unha mesa redonda internacional que busca impulsar a sostibilidade nas pesquerías de calamar a nivel mundial.
Congalsa foi a primeira empresa española en adherirse a SFP, un paso que supuxo afrontar grandes retos, como xestionar un elevado volume de materias primas de diferentes caladeiros internacionais e implementar auditorías ambientais e sociais aos seus proveedores.

A empresa galega ve de forma moi positiva estes 10 anos de colaboración e ten como obxectivo seguir ampliando esta alianza coa fin de explorar novas iniciativas que garanticen a sostibilidade global das pesquerías e protexan os ecosistemas mariños.
No último exercicio, Congalsa alcanzou unha facturación de 173 millóns de euros, o que supón un crecemento do 14% respecto ao ano anterior, consolidándose como unha das empresas líderes no sector da transformación de produtos do mar, cunha firme aposta pola innovación e a sostibilidade.

Related posts

A POLICÍA LOCAL DA POBRA E A GARDA CIVIL LOCALIZAN A UNHA PERSOA CUNHA REQUISITORIA XUDICIAL

CloudyX

AS DEGUSTACIÓNS E A DIVULGACIÓN GASTRONÓMICA PUXERON O BROCHE DE OURO ÁS XORNADAS MICOLÓXICAS DA POBRA

CloudyX

A MICOLOXÍA PROTAGONIZOU A FIN DE SEMANA NA POBRA

CloudyX