111.572 persoas en paro. Esta é a cifra que rexistrou Galicia en novembro, o dato máis baixo dende que hai rexistros. Ademais neste mes sumáronse 19.516 novas afiliacións á Seguridade Social en relación ao pasado 2024 a estas altura converténdose no mellor novembro con máis de 1,1 millóns de cotizantes. Así o destacou esta mañá o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández.
GALICIA LIDEROU EN NOVEMBRO A CAÍDA PORCENTUAL DO DESEMPREGO EN ESPAÑA E SUMA MÁIS DE 19.500 AFILIADOS Á SSSS QUE HAI UN ANO


