Muros

O presidente da Xunta visitou esta mañá o castelo situado no Concello de Palas de Rei

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referiuse hoxe á recuperación do Castelo de Pambre como unha “obra patrimonio de todos os galegos” que contribuirá a engrandecer os Camiños de Santiago. Feijóo lembrou que a Xunta mercou en 2011 esta torre, coa finalidade de non deixar esmorecer un elemento tan importante do patrimonio da comunidade, iniciando un ambicioso proxecto de rehabilitación.
Máis polo miúdo precisou que, ademais da restauración dos muros do recinto fortificado, o traballo dos arqueólogos permitiu coñecer elementos da fortaleza como o alxibe ou varias tumbas anexas á capela máis antiga que o castelo. Así mesmo, destacou a creación dun Centro de interpretación que ofrece unha proxección multimedia, ilustra a importancia histórica deste edificio, ofrece un percorrido pola Idade Media en Galicia e repasa as vicisitudes polas que pasou o castelo.
Nese obxectivo de reforzar o potencial do Camiño, o presidente da Xunta referiuse a outras intervencións .

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.