Deputación Da Coruña

A Deputación destina 1,7 millóns de euros ás confrarías de pescadores, asociacións agrarias e entidades de promoción económica da provincia

A Deputación da Coruña publica hoxe no Boletín Oficial da Provincia a convocatoria de seis liñas de subvencións, dotadas cun orzamento global de 1.735.000 euros e destinadas a apoiar ás confrarías de pescadores, agrupacións de mariscadoras, asociacións agrarias e labregas e entidades sen ánimo de lucro da provincia que desenvolvan accións de promoción económica.
A Deputación destinará este ano 482.000 euros a apoiar ás confrarías de pescadores coruñesas mediante dúas liñas de subvencións que financian actividades e investimentos.
A área de Promoción Económica da Deputación da Coruña destina tamén 403.000 euros para apoiar ás entidades agrarias, labregas e forestais da provincia nas súas actividades e investimentos con dúas liñas de subvencións que contan con orzamentos de 285.000 € e 118.000 €, respectivamente.
As dúas últimas liñas de axudas convocadas hoxe están destinadas ás entidades sen ánimo de lucro da provincia da Coruña que desenvolvan acción de promoción económica e contan cun orzamento global de 850.000 euros, dos que 500.000 € destinaranse a investimentos e 350.000 € a actividades.

https://www.youtube.com/watch?v=hLW6VWLrFQk

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.