A Dra Eiras, líder do grupo de Cardioloxía Traslacional no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago, recibe este galardón de 30.000 euros como recoñecemento ao seu traballo pioneiro. O premio será entregado en 2026 en Santiago polo empresario Ramiro Carregal, que co seu macenazgo segue a impulsar a investigación sanitaria.
O proxecto da Dra. Eiras aborda a aplicación de biomarcadores e imaxes non invasivas para detectar riscos nas valvulopatías, un paso importante para mellorar a eficacia dos tratamentos e aumentar a esperanza de vida dos pacientes afectados por estas enfermidades. Este avance representa un importante impulso á investigación cardiovascular.
Este recoñecemento, que destaca a súa traxectoria e innovadora achega á medicina cardiovascular, subliña o compromiso de Galicia coa ciencia e a saúde.
A INVESTIGADORA GALEGA, SONIA EIRAS, GAÑOU O VII PREMIO INTERNACIONAL RAMIRO CARREGAL DE INVESTIGACIÓN EN CARDIOLOXÍA.


