O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe, na rolda de prensa do Consello, a posta en marcha do primeiro Plan Renove de instalacións eléctricas para mellorar a seguridade e a eficiencia enerxética en 400 edificios. Logo de precisar que esta iniciativa mobilizará máis de 3 millóns de euros, Feijóo salientou que as axudas terán un cofinanciamento de ata o 25%, cun máximo de 3.000 euros por edificio ou 150 euros por punto de subministración.
Feijóo avanza o primeiro Plan Renove de instalacións eléctricas para mellorar a seguridade e a eficiencia enerxética en 400 edificios
Please login to join discussion