O Concello de Lousame traslada ao domingo o acto de conmemoración do Día da Muller

O Concello de Lousame traslada ao próximo domingo 12 de marzo o acto para conmemorar o Día Internacional da Muller 2017, para favorecer unha maior participación veciñal. Unha conmemoración que terá lugar na Casa da Cultura “Santeiros de Chave” ás 11:00 horas e que terá como fío condutor a vida da muller no mundo da hostalería.

Deste modo, o Concello de Lousame continúa coa súa práctica iniciada en 204 de homenaxear cada ano a distintos colectivos de mulleres do municipio, como son as leiteiras, as agricultoras, as traballadoras da mina ou as mulleres da posguerra. Ademais, o Concello de Lousame tamén se acolleu á Declaración Institucional da Federación Española de Municipios e Provincia co gallo do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

https://www.youtube.com/watch?v=JBiWkBIDY9E

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.