O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe a aprobación no mes de marzo do VII Plan estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres 2017-2020, un plan que, segundo explicou, apostará pola igualdade na educación e nos valores, na xestión dos traballos e dos tempos, no emprego e na innovación, na participación e no liderado e na calidade de vida, así como pola sensibilización, a prevención e a integración.
En resposta ás preguntas dos grupos da Cámara, Feijóo avogou por seguir traballando a prol dunha igualdade de todos, sen siglas e sen divisións.
https://www.youtube.com/watch?v=ZeAPIpt-k30