Icono del sitio CanalBarbanza.com

Hospital do Barbanza: As traballadoras de limpeza volven mobilizarse para reclamar igualdade laboral e salarial co Sergas

Unha vez máis, as traballadoras de limpeza do Hospital do Barbanza saíron á rúa acompañadas pola CIG. Reclaman o mesmo que nas anteriores mobilizacións: igualdade salarial e de condicións co persoal dos hospitais onde o servizo está xestionado directamente polo Sergas.
Nas últimas semanas, o persoal intensificou as protestas, pero aseguran que non houbo ningún avance. Segundo explican, esta mesma realidade afecta tamén aos hospitais do Salnés e de Cee.
A CIG denuncia que segue sen resposta da Consellería de Sanidade, malia levar meses solicitando unha reunión para abordar unha solución.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil