Deputación Da Coruña

A Deputación da Coruña aposta por converter o Consorcio de bombeiros nun servizo público

Representantes das Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra entregáronlle a representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros un informe conxunto cunha análise da situación e alternativas para o seu rescate. A Deputación da Coruña confirmou a súa aposta pola conversión do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña en servizo público.

Unha análise da situación de cada un dos consorcios e as posibilidades e alternativas para conseguir que no prazo máis breve posíbel pasen a ser un servizo público son os contidos do informe conxunto que representantes das Deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra entregaron a representantes da Mesa Intersindical de Bombeiros na xuntanza que se desenvolveu este mércores día 8 de marzo. Na reunión participaron en representación da Deputación da Coruña a vicepresidenta Goretti Sanmartín Rei, pola Deputación de Lugo, o deputado Eduardo Vidal e pola Deputación de Pontevedra o deputado Carlos López Font, ademais de representantes das secretarías e xerencias dos tres consorcios. Por parte da Mesa Intersindical de Bombeiros asistiron á xuntanza dez representantes de traballadores nos tres consorcios.

O goberno da Deputación da Coruña afirmou que a negociación será inminente e que en breve os servizos técnicos comezarán a traballar co horizonte da xestión directa do servizo que pasará a ser público. Na xuntanza asistiron polo Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña o xerente José Luís Barca Añón e a secretaria interventora María Graciela Riveiro Moreira.

Related Posts

Load More Posts Loading...No more posts.