O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, adiantou hoxe que o Goberno galego iniciará este mesmo xoves coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) a rolda de contactos para analizar o anteproxecto da nova Lei do Solo coas institucións e colectivos máis representativos e máis directamente implicados no proceso.
Alfonso Rueda, a secretaria xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, Encarnación Rivas, e o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, inauguraron hoxe en Corrubedo a Xornada Técnica “Medidas para a ordenación e protección dos sistemas praia-duna”, no Centro de Interpretación do Ecosistema do Litoral de Galicia (CIELGA), no Concello de Ribeira.