O Black Friday instalouse xa como unha das citas comerciais máis destacadas do ano. Nos negocios locais, a xornada convértese nunha oportunidade para atraer clientes e dar un pulo ás vendas nun período no que, tradicionalmente, o consumo comeza a repuntar de cara ao Nadal. Moitos establecementos aproveitan esta data para aplicar descontos e promocionar os seus produtos, adaptándose ás expectativas dun público cada vez máis habituado ás campañas de rebaixas.
Barbanza: O ‘Black Friday’ medra con establecementos a contragusto que critican a presión e os falsos descontos


