Icono del sitio CanalBarbanza.com

Santiago: A Xunta presenta ‘Prato de Mercado’ para reforzar as prazas de abastos como espazos de calidade e innovación

Ao acto asistiron 34 chefs de 31 restaurantes, unidos para estreitar a relación entre cociña e mercado e impulsar estas prazas como motores económicos e sociais.
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, destacou que Galicia conta con preto de 100 mercados, presentes en 76 concellos, espazos clave para produtos frescos e de proximidade e con gran capacidade de adaptación ás novas tendencias de consumo.
Prato de Mercado forma parte do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 e continuará en 2026 cunha serie de showcookings por toda a comunidade, co obxectivo de dinamizar as prazas e fomentar emprego e riqueza local.
Cartel de YouTube

Salir de la versión móvil