Galicia podería contar cun valor mineiro de ata 45.000 millóns de euros grazas á presenza de 18 das 34 materias críticas identificadas pola Unión Europea. Así o revelou un estudo elaborado pola Universidade de Santiago e presentado hoxe por Alfonso Rueda, quen destacou que Galicia rexistra unha das maiores concentracións de minerais críticos de toda Europa occidental.
O CONSELLO DA XUNTA DEIXOU HOXE CATRO GRANDES ANUNCIOS EN MATERIA ECONÓMICA, SANITARIA, SOCIAL E TECNOLÓXICA.


